Qian Xuesen

Infotaula de personaQian Xuesen

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh) 钱学森 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1911 Editar o valor en Wikidata
Shanghai, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Morte31 de outubro de 2009 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
301 Military Hospital, República Popular da China (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBabaoshan Revolutionary Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés

Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Tecnolóxico de California - Doutor en filosofía (1936–1939)
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - Mestrado en ciencias (1935–1936)
National Chiao Tung University (en) Traducir - título de grao (1929–1934)
The High School Affiliated to Beijing Normal University (en) Traducir
Universidade Jiao Tong de Xangai (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tese académicaProblems in Motion of Compressible Fluids and Reaction Propulsion (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (1938 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseTheodore von Kármán Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAeronáutica, Aerodinámica e engineering cybernetics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro astronáutico , enxeñeiro , profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Tecnolóxico de California
Universidade de Ciencia e Tecnoloxía da China Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de China Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresTheodore von Kármán Editar o valor en Wikidata
AlumnosZhuang Fenggan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoJack Kerrebrock (pt) Traducir, W. Duncan Rannie (en) Traducir, Sedat Serdengecti (en) Traducir, Robert Joseph Hartlieb (en) Traducir, Gerald M. Monroe (en) Traducir, Zheng Zhemin (en) Traducir, Andrew Fejer (en) Traducir, S. W. Yuan (en) Traducir e Chieh-Chien Chang (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJiang Ying (1947–2009)
PaiQian Jiazhi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParentesRoger Y. Tsien () Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

WikiTree: 錢-2 Find a Grave: 43976352 Editar o valor en Wikidata

Qian Xuesen ou Hsue-Shen Tsien (chinés tradicional: 錢學森; chinés simplificado: 钱学森; pinyin: Qián Xuésēn; Wade-Giles: Ch'ien2 Hsüe2-shen1), nado en Shanghai o 11 de decembro de 1911 e finado en Pequín o 31 de outubro de 2009, foi un matemático, ciberneticista, enxeñeiro aeroespacial e físico chinés que realizou significativas contribucións no campo da aerodinámica e sentou as bases da enxeñaría cibernética. Recrutado polo MIT, uniuse ao grupo de Theodore von Kármán no Caltech,[1] e durante a segunda guerra mundial estivo involucrado no Proxecto Manhattan, que finalmente levou ao desenvolvemento con éxito da primeira bomba atómica nos Estados Unidos.[2][3]

Durante a época do macartismo, na década de 1950, o goberno federal dos Estados Unidos acusouno de simpatías comunistas. En 1950, a pesar das protestas dos seus compañeiros, retiráronlle o visado.[4] Decidiu regresar á China, pero foi detido na Illa Terminal, preto dos Ánxeles.[5] Despois de pasar cinco anos baixo arresto domiciliario,[6] foi liberado en 1955 nun intercambio por pilotos estadounidenses que foran capturados durante a Guerra de Corea. Saíu dos Estados Unidos en setembro de 1955, chegando á China a través de Hong Kong.[7]

Ao seu regreso no seu país natal, axudou a liderar o programa chinés de armas nucleares.[8] Este esforzo levou finalmente á primeira proba de bomba atómica e de hidróxeno exitosa da China, convertendo ao país no quinto con armas nucleares e logrando o desenvolvemento de fisión a fusión máis rápido da historia. Ademais, o traballo de Qian levou ao desenvolvemento do mísil balístico Dongfeng e do programa espacial chinés. Polas súas contribucións, foi coñecido como o "Pai do Foguetismo Chinés", e recibiu o alcume de "Rei dos Foguetes".[9] É recoñecido como un dos pais fundadores do proxecto Dúas bombas, un satélite.[10]

En 1957 foi elixido académico da Academia Chinesa de Ciencias. Foi vicepresidente do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés de 1987 a 1998.

Era curmán do enxeñeiro mecánico Hsue-Chu Tsien, que estivo involucrado nas industrias aeroespaciais da China e dos Estados Unidos; e foi tío de Roger Y. Tsien, gañador do Premio Nobel de Química en 2008.

  1. "H.S. Tsien". NASA (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2022. 
  2. Brown, Kerry (1 de novembro de 2009). "Qian Xuesen obituary". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 26 de xullo de 2022. 
  3. Osnos, Evan (3 de novembro de 2009). "The Two Lives of Qian Xuesen". The New Yorker (en inglés). ISSN 0028-792X. Consultado o 26 de xullo de 2022. 
  4. Perrett, Bradley; Asker, James R. (7 de xaneiro de 2008). "Person of the Year: Qian Xuesen". Aviation Week and Space Technology (en inglés) 1 (168): 57–61. Consultado o 26 de xullo de 2022. 
  5. "Tsien Hsue-shen (Qian Xuesen)". astronautix.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2022. 
  6. "Tsien Hsue-Shen Dies" (en inglés). 2 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2022. 
  7. "US Deporting Rocket Expert". The Milwaukee Journal (en inglés). 13 de setembro de 1955. 
  8. "Qian Xuesen dies at 98; rocket scientist helped establish Jet Propulsion Laboratory". Los Angeles Times (en inglés). 16 de setembro de 2004. Consultado o 26 de xullo de 2022. 
  9. "美国航空周刊2008年度人物:钱学森" (en chinés). 31 de outubro de 2009. Consultado o 26 de xullo de 2022. 
  10. "23位两弹一星元勋已有17人离世 媒体解析其功绩(1)" (en chinés). 30 de maio de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2022. 

Developed by StudentB